A agrupación musical ” O Trícole” creouse en 1997, a partir do grupo de iniciación á música para adultos da Escola de Música de Sober, sendo o seu obxectivo principal a recolleita da Tradición Oral de todo tipo e a divulgación deste Patrimonio. A Alma máter desta aventura é Alfonso Campos.
O repertorio do grupo está composto por pezas tradicionais recollidas na zona e por creacións propias: romances, panxoliñas, cantos de entroido..etc. Música da que se ofrece unha mostra nun traballo discográfico editado en 2002 titulado ” Os sapos do Inchaín”.
No eido da recuperación do Patrimonio Inmaterial, O Trícole ten publicados libriños de escolma de lendas, contos e, outras tradicións orais de Sober, en colaboración coa Asociación O Colado do Vento, tamén de Sober. Ten recompiladas máis dun cento de lendas de Sober, e nos últimos anos , revitalizou o costume de ir cantar Os Reis e da creación de coplas satíricas no entroido.
Caracterízase por cantar misas seguidas dun pequeno concerto se as condicións o permiten, así como participar en actos culturais que non requiran amplificación.