Na Igrexa de Cadeiras , Pinol Sober actuaremos para amenizar esta andaina , o día 10 sobre as 12:30.
“CÓNTOCHE UN TRAXE” CON MONTSE RIVERA
O Trícole participa na II Escaleira Literaria de Sober
OBRADOIRO DE TÉCNICA VOCAL
Non dubidedes en participar nesta actividade. Belén Monís formouse como cantante no Conservatorio Karl Nielsen de Ourense, estudando técnica vocal e solfexo. Graduouse como titulada en Canto Moderno Rock&Pop polo Conservatorio Trínity College de Londres . Graduada como Técnico superior en Produción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos con matrícula de honra, cursou estudos de Educación Social e desenvolveu un labor como docente de Canto e Expresión vocal en varias escolas de música de Ourense
Organizamos un obradoiro de regueifas con Pinto D’Herbón e Luis O Caruncho
Cantamos panxoliñas en Sober
CONCERTO DIDACTICO A CARGO DE ROSA SANCHEZ E PABLO CARPINTERO
O concerto didáctico “Música e evolución” pretende principalmente amosar e por en valor o noso patrimonio cultural musical, pero tamén falar da música como manifestación cultural esencial para os humanos. Así, no concerto explícanse as últimas teorías científicas sobre o que é a música e que o sentido que tivo e ten dentro da nosa evolución como especie. O discurso vai guiado pola analoxía que existe entre a evolución da nosa especie nos últimos catro millóns de anos e o desenvolvemento musical das nenas e dos nenos galegos. Neste concerto amosamos 42 instrumentos musicais diferentes, dos máis de 160 documentados en Galicia. Por outra parte, este concerto contén tamén unha fonda revision do papel esencial que as mulleres xogan na música humana.
O Trícole participa no acto organizado na Igrexa de Santa María de Pesqueiras
Un ano máis estaremos nesta fermosa Igrexa de Pesqueiras, para colaborar neste acto onde fomos distinguidos pola nósa participación. Esta foi a contestación ao recoñecemento. Xesus Verao en representación de O Trícole expoñía alo polo 2016:
Moitas grazas á Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada por este recoñecemento, certamente inmerecido, que con benevolencia se lle fai ao Trícole, Asociación Cultural que tendo sede en Sober está participada por mulleres e homes de toda a comarca. Sentímonos moi honrados, individual e colectivamente. Moitas grazas.
Se acaso, o que si fixemos foi responder anualmente e coa maior ilusión ao convite para cantarmos nesta igrexa e paraxe tan extraordinarias en todos e cada un dos aspectos que queiramos contemplar. E esta presenza continua seguro que axudou a que o grupo que represento se convertese no que máis misas canta na Ribeira Sacra. Ben é certo tamén que non tivemos problemas, dentro do propio templo, en cantar cancións algo máis profanas e non tan piadosas, seguro que polo convencemento que sociedade e autoridades (todas) teñen sobre o patrimonio: que é, tamén e sobre todo, algo de todas e todos.
Mais o que en realidade é importante, para o que nos ocupa, é a labor que a Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada está facendo: estades facendo (acéptese a familiaridade). E voume referir a un aspecto que está sendo fundamental (á parte, claro, do entusiasmo dos membros do grupo): falo do feito de pretender e ir conseguindo involucrar, na recuperación desta xoia que agora ocupamos, ao conxunto dos actores sociais e responsábeis institucionais. Creo que xa vimos pasar por aquí a todos eles. En calquera momento se poñen mans ao que aínda resta. Confiemos
.Para rematar, e como actores sociais e músicos que somos, tamén desde O Trícole intervimos e estamos dispostos a seguir intervindo. É unha honra que se pense en nós. Moitas grazas. Pesqueiras, agosto de 2016.